enImaxes?
enImaxes salvagarda, como marca, a identidade de diferentes profesionais que durante anos enfrontáronse á propia evolución dos medios, cun ollo posto tanto nos clientes como nos propios espectadores, atendendo á chegada de novas linguaxes sen que por iso nos deixemos levar por sobredoses de modernidade. É que, en ocasións, o trípode non só non é necesario, senón desaconsellable…
Como?
Escoitando e propoñendo.
A dinámica do audiovisual é isto, un movemento que en ocasións parece obedecer as súas propias e enigmáticas regras, e máis nestes tempos, nos que un vídeo caseiro pode lograr millóns de visitas en youtube cambiando de golpe o rumbo dunha industria. En enImaxes partimos sempre da proposta inicial para desenvolvela da maneira máis axeitada, buscando unha forma que conecte co fondo da mellor maneira posible, valorando o medio de difusión e o publico ao que se dirixe para optimizar os resultados. E que o audiovisual non deixa de reproducir o esquema básico da comunicación: o emisor debe saber como chegar ao seu receptor, e nestes tempos o máis importante é saber quen é o receptor, e que lle interesa ver.
Que?
Ata hai pouco, moi pouco, un vídeo era un obxecto voluminoso que se entregaba cunhna gravación coa esperanza de que fora visionada mediante o acto ccasi litúrxico de encender o televisor e o vídeo, introducir a cinta, avanzar ata o inicio…
Hoxe en día o audiovisual ten incluso demasiados camiños, tanto como retos. O oaudiovisual xa non é un produto nin un sector. É un requisito imprescindible para o que máis importa: a comunicación.
