2011… ese ano!
1 enero

2011… ese ano!

Falábase da necesidade de terlle medo a 2010, pero a estas alturas o propio é lanzarse a 2011 con todas as alarmas activadas. Botando un ollo ao (preocupante) estado da nosa web, o único consolo é o de poder desculpala debido a uns meses previos bastante aparatosos, ao que hai que sumar diferentes proxectos en marcha. Proxectos particulares que xa teñen a súa propia forma despois de incógnitas previas, e que camiñan á marxe das canles habituais nunha industria que está a cambiar e ten que cambiar.
Por iso quizais o que mais asusta non é competir, senón a necesidade de chegar a ser competitivos no que a talento e imaxinación se refire. E aínda que 2010 deixa exemplos de como o audiovisual galego pode brillar en termos de creación (Todos Vos Sodes Capitáns, Celda 211 ou 18 Comidas), a min ségueme gustando mais lembrar o ben que un día Nacho Vigalondo exemplificou a posibilidade de escenificar unha trama a partir dunha simple idea.
A polo 2011!

2 comentarios

  1. Pois lamento ser un pouco menos optimista. Nin no 2011 nin tampouco no 2050. Claro que sempre nos queda a posibilidade de ser felices vivindo como formigas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *