Maxia: E máis volta atrás
26 julio

Maxia: E máis volta atrás

Pois diciamos no anterior post que o verán é o que é: un inferno. E ainda é peor se ven como este mes de xullo, con estas temperaturas que fan do acto de cargar cos aparellos unha constante tortura. Isto non quere dicir que en anos pasados a cousa fora máis soportable, simplemente que en 2010 está sendo especialmente insoportable…

No 2008 produciuse un encontro no mundo da maxia que deu lugar a esta sinopse:

A acción xira en torno a dous magos novos, de orixes ben distintos, un deles galego, e o outro arxentino. Descobren que no fondo non teñen tantas diferenzas e que a súa gran paixón é a maxia, e compartila co público, transportándoo a unha nova realidade, onde non hai barreiras, onde non hai normas, onde todo toma un novo significado, onde non existe a palabra imposible. Neste espectáculo nada é o que parece e nada parece o que é. Para a súa creación usáronse as ideas qie en principio parecían máis absurdas e tolas e que en moitos casos non tiñan anda que ver coa maxia. Pero esa mestura, esa variedade de ideas e disciplinas son o que lle dan corpo e vida a esta nova creación.

O nome do espectáculo é Symbiosis, e os seus responsables, Dani Garcia e Marttyn Andersen, teceron unha fervenza de imaxineria escénica que tivo tamén apoio audiovisual máis alo da clásica promo. Dado que a sua aposta parte de proporcinar unha orixe ambulante (mesmo cun camión adaptado para cando non hai local que se adapte ás necesidades técnicas), pensaron na posibilidade de crear unha pequena intro que dera a posibilidade de acomodo ó público, tendo sempre en conta que algúns chegaran con retraso. De ahi xorde este vídeo, que ten outra versión de máis duración para cando intuian que era necesario darlle máis tempo ó respetable.

E comentaba o de “volta atras” e os horrores do verán porque isto foi unha grata experiencia estival…, na primaveira. A gravación realizouse durante varios días en Valdoviño, con bo tempo pero sen ter que sufrir calor extremo.  E sabiamos que logo tocaba o que tocaba, si, pero o ben que se estaba…

Un comentario

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *