Ovay
13 diciembre

Ovay

Ovay é unha coproducción de Quique Peón Cía e o Centro Coreográfico Galego, e en palabras do seu autor:

OVAY quere amosar a forma de expresión masculina e feminina empregando un amplísimo abano de movementos tradicionais galegos que evolucionan ata chegar aos nosos días. Para isto mestúranse as frases tradicionais no marco da danza contemporánea, tentando non perder o esencial, o cerne do noso espírito, a nosa expresividade e sentimentalidade. A obra vai máis aló do virtuosismo do bailarín: amósanos o seu interior, fusionando os instrumentos, o canto e o teatro co mesmo baile, e tentando que o espectador recoñeza e redescubra, a un tempo, o seu.

A obra sae á venda  editada por Falcatruada, incluíndose unha readaptación en Cd das diferentes composicións utilizadas no espectáculo, así como dun DVD no que se recollen os pases de Ovay realizados no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña o pasado mes de outubro.

Ovay from enimaxes.com on Vimeo.

Un comentario

  1. Pingback: Ovay | IG

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *