Comendo pimentos de Padróm con Tarantino
11 agosto

Comendo pimentos de Padróm con Tarantino

Pois tirando da sinopse do programa de man.

A criatura quere ser cantante,  a mami oculta o seu pasado limpando aos porcos, e o pianista está no horizonte…

E nin máis nin menos!: amor, traición, misterios, grandes mortes (en off e con chispa), sexo canibal e, un pouco parafraseando á criatura, un escaralle.

Unha producción de acarrachanacacha, escrita e dirixida por Leandro Lamas, e interpretada por María Veiga (a filla), Gena Hernández (a mami) e Antonio Estévez (o pianista), con (quirúrxica) iluminación de Paula Fojo e Silvia Romaus.

Atentos a súa programación teatral máis cercana. Ou lonxana, que 90 minutos de alegría non se teñen tódolos días.

comendo pimentos de Padrón con Tarantino from enimaxes.com on Vimeo.

Un comentario

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *